A visita ó Museo Quiñones de León proponse, como obxectivo esencial, avivar a conciencia cidadá verbo da importancia do patrimonio na sociedade actual e no noso futuro.
Para isto dotouse á colección dun discurso museístico que resulte, antes que nada, didáctico, e que satisfaga tamén as expectativas dos expertos que poidan achegarse a Vigo para consultar unha obra ou un autor en particular.
| Sala de arqueoloxía |
 |
Nesta sala expóñense obxectos procedentes do municipio de Vigo e a súa comarca distribuídos en tres sectores: Prehistoria, cultura castrexa e romanización. |
| Pazo e Pinacoteca antiga |
 |
O pazo “Quiñones de León” é en si mesmo unha obra de arte como edificio pero á vez é un contedor de arte. Un ambiente moi fermoso conseguido con mobiliario, alfombras, obxectos decorativos de época. |
| Pinacoteca galega contemporánea |
 |
Unha referencia indiscutible para comprender a evolución da arte galega ao longo do século XX cos seus mellores e máis representativos autores, grupos, movementos, etc… |
|