Un dos principais obxectivos do museo municipal é contribuír á educación dos escolares de Vigo e a súa área de influencia; tanto en relación aos contidos como para a formación dunha afección polos museos; tamén, en definitiva, cara á reflexión sobre a súa comunidade e a importancia do patrimonio. Ademáis o museo adoita realizar programas didácticos específicos para cada unha das súas exposicións temporais; fundamentalmente as que se celebran no propio museo; pero tamén, en ocasións, coas que se realizan na Casa das Artes. | Actividades educativas |  | O museo pode ser un lugar moi divertido onde aprender moitas cousas e realizar actividades coa túa familia ou o teu colexio. | | Recursos |  | Algúns materiales educativos dos que dispón o museo e que poden ser solicitados polos centros escolares para preparar as visitas. |
|