Volver a portada castellano
                                   
| |  

Itinerarios
imprimirimprimir
Pinacoteca galega contemporánea

Plano da salas

Cando o 12 de decembro de 1924 o Marqués de Alcedo asinaba a doazón da súa finca e pazo ao pobo de Vigo a condición, entre outras, de que o magnífico palacio se transformase nun museo adicado á arte rexional, arte de Galicia, non podía imaxinar que este desexo ía resultar tan sobradamente satisfeito. Hoxe, transcorridos máis de oitenta anos dende aquela data, o concello de Vigo sobrepasou amplamente a condición imposta polo doador de tal maneira que tanto por calidade coma por  cantidade, a súa colección de arte bastaría por si soa para contar a historia da creación plástica en Galicia durante o pasado século. O museo posúe unha das máis completas - senón a mellor - colección de arte galega contemporánea das existentes  

"Habitación do vello mariño". Urbano Lugris. 1946. Óleo sobre taboa.

No proxecto expositivo actual, a primeira idea foi dotar á colección dun fío conductor museístico que resulte, antes que nada, didáctico e que satisfaga tamén as expectativas dos expertos que se poidan achegar a Vigo para consultar unha obra ou un autor en particular.

Por outra banda, a colección é produto dun contexto que ten a súa razón de ser na traxectoria de Vigo dende finais do século XIX coma unha cidade cosmopolita e ao tempo, intimamente integrada en Galicia e conformadora básica da cultura galega contemporánea, ata o punto de converterse no referente esencial da mesma grazas á súa vida social e ás empresas periodísticas e culturais desenvolvidas nela. Polo que, a segunda idea foi potenciar no museo a contextualización das obras de arte no propio desenvolvemento da cidade olívica.

Isto permite, ademais, satisfacer unha terceira idea. Vigo carece actualmente de museo da cidade, dado que o Museo de Castrelos é considerado polos vigueses e viguesas coma un dos seus principais sinais de identidade, esta contextualización das obras de arte no desenvolvemento da propia urbe, vai permitir que o “Museo Quiñones de León” comece a funcionar como xerme do Museo da cidade, sendo un complemento perfecto as coleccións de arqueoloxía. Por esta razón,  nas obras expostas selecciónase unha notable presenza de pintores vigueses, independentemente da súa posible proxección galega ou universal.

A pinacoteca galega exponse nos andares primeiro e segundo do pazo. Dende a escaleira principal, o itinerario comeza a man esquerda coa contemplación dos grandes murais do Hotel Moderno de Vigo feitos  por  LUGRÍS a mediados do século XX.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75