Volver a portada castellano
                                   
| | |  

Itinerarios
imprimirimprimir
Pazo e pinacoteca antiga

Plano da andar baixo do pazo Comedor de SargadelosEscaleiraBiblioteca históricaDespacho do MarquésSalón de recepciónSalón douradoCapela

Cómpre comezar a visita ó pazo polos seus exteriores, coa contemplación do xardín delanteiro, a súa pequena fonte afundida no terreo, e a  impoñente fachada do pazo, que é inesquecible pola súa factura depurada e simétrica.

Non era así a finais do século XVII, cando foi reconstruído o pazo polos Tavares; pois o seu aspecto militar –ameas, garitas, pontes levadizas, etc....- é só decorativo e responde á fantasía romántica do Marqués de Alcedo con toda probabilidade.

Traspasada a recepción do museo, onde se situaba a capela - que hoxe ocupa a antiga sancristía-; trala contemplación dun vitral, deseño de Lugrís, no que se apreza unha idílica estampa do Vigo mariñeiro; accedemos  ó corredor no que ademais do documento fundacional do museo, asinado o 22 de xullo de 1937, vemos o retrato do doador, o Marqués de Alcedo, na súa xuventude; e os dos benfeitores da cidade de Vigo, e, particularmente, do museo: D. Policarpo Sanz e a súa esposa, que ademais de bens e propiedades, doaron un espléndido legado de Pintura, restaurado en 2000 e do que se pode admirar unha selección nesta visita ó pazo.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75