Volver a portada castellano
                                   
| | |  
 
Presentación
imprimirimprimir
Definición

Museo Municipal de Vigo
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León"

O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” é unha institución, dependente do concello de Vigo, encadrada, actualmente, na súa área de asuntos sociais.

Ten asignados determinados bens culturais que constitúen as coleccións municipais de ARTE, ARQUEOLOXÍA e HISTORIA da cidade; e a súa sede permanente é o pazo “Quiñones de León”, no  parque de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo dende a súa doazón, polo  Marqués de Alcedo, no 1924. Conta tamén como sede esporádica das súas actividades co centro municipal de exposicións, Casa das Artes, sito na  rúa Policarpo Sanz, nº 15, de Vigo.

O museo regúlase conforme á lexislación estatal vixente; particularmente, de acordo coa Lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia; e co seu propio regulamento aprobado polo Pleno da Corporación Municipal o 28 de febreiro de 1981 coas modificacións nos artigos 4 (parágrafo 2º) e 21 aprobados polo Pleno da Corporación Municipal, o 29 de setembro de 1981.

Ademáis da súa declaración como monumento histórico-artístico, o museo, as súas coleccións, xardíns e o parque de Castrelos, están declarados Ben de Interese Cultural (Decreto de 25 de febreiro de 1955; Decreto 474/1962, de 1 de marzo; Resolucións de 10 e 19 de abril de 1991; da Dirección do Patrimonio Histórico e documental).

 

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75