Volver a portada castellano
                                   
| | |  

Pazo e pinacoteca antiga
imprimirimprimir
Outras dependencias

Salón nobre
Salón nobre

No andar superior da casa está o SALÓN NOBRE, lugar para grandes cerimonias, banquetes, festas ou bailes dos marqueses. A estancia, con vistas ao xardín de entrada, conserva o único elemento que permaneceu na casa trala marcha da última residente, Dona Mariana de White, viúva do marqués. Referímonos a unha fabulosa lámpada de cristal da celebérrima fábrica de Murano en Venecia.

Outros aspectos singulares do pazo son as súas dúas TORRES, unha do século XVII, a outra do século XIX, visitables soamente previa autorización; a distribución dos cuartos da planta superior reconvertidas en salas de arte, aínda que conservan as súas pequenas chemineas; así como varios corredores “secretos” que comunican as plantas entre si.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75