Volver a portada castellano
                                   
| | |  

Pinacoteca galega contemporánea
imprimirimprimir
2º metade do século XX (Salas 2.3 - 2.4)

Figuras do circo. Angel Sevillano. 1970. Óleo sobre taboa.
Figuras do circo. Angel Sevillano. 1970. Óleo sobre taboa.

Sala 2.3. - Inercias e reelaboracións

Na pintura feita en Galicia, no caso de moitos artistas, os anos ‘50 e ‘60 son anos de inercias ou, como moito, reelaboracións dos presupostos dos  renovadores, considerados entón como os creadores da “pintura galega” que non só aparece mitificada, senón que se toma como modelo a seguir por aqueles que seguen a establecer un compromiso ético entre pintura e Galicia. Son os casos de DÍAZ PARDO, PESQUEIRA, PREGO, SEVILLANO, SUCASAS, ABREU, RUIBAL.

Sala 2.4. - Variantes realistas

Interior Berlin VII. Jorge Castillo.1979. Técnica mixta. Lenzo.
Interior Berlin VII. Jorge Castillo.1979. Técnica mixta. Lenzo.

Dende os años ‘60 prodúcense distintas variantes realistas. Antonio QUESADA reinterpreta a paisaxe galega  cos esquemas dos pintores da meseta. TENREIRO ou TORRAS traballan sobre referentes fauves, que terán unha grande repercusión na xeración seguinte.

LAGO RIVERA, tralo paso pola abstracción, decántase por un realismo lírico que tamén seguen GONZÁLEZ PASCUAL e, con outro ton, CAULONGA. ROGELIO PUENTE practica o hiperrealismo, mentres que Jorge CASTILLO realiza unha obra persoal e suxestiva que lle deu sona internacional.

En escultura, OLIVEIRA traduce o mesmo ambiente artístico que QUESADA ou VIRXILIO, mentres que Camilo OTERO relaciónase co ambiente internacional.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75