Volver a portada castellano
                                   
| |  

O pazo Quiñones de León
imprimirimprimir
Historia

Escudo de la familia Tabares na fachada principal
Escudo de la familia Tabares na fachada principal

A súa orixe remóntase ó antigo Pazo de Lavandeira, construción levantada cara a 1670, anos despois da fundación do morgado polo capitán Juan Tavares en 1665 (como recolle o escudo de armas da fachada principal). Esta familia permanece na propiedade ata o século XVIII en que deixará paso aos Montenegro e a comezos do XIX ao marquesado de Valladares.

A finais do século XIX a finca e o pazo son herdados por dona María de los Milagros Elduayen, VIII Marquesa de Valladares, e seu esposo Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, os cales emprenderon unha importantísima reforma do edificio. O temperán falecemento da marquesa fixo que o pazo pasase a mans do seu fillo Fernando, IX Marqués de Valladares. En 1918 este perece sen descendencia deixando como herdeiro a seu pai e como usufructuaria vitalicia a súa esposa, Mariana de Wythe. Será seu pai quen o 12 de decembro de 1924 doe ó pobo de Vigo a propiedade, condicionando a súa doazón a que se dispuxesen nel un museo e un parque público.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75