Educación
|
imprimir
|
| Actividades educativas |
O museo ten dúas citas fixas ao ano coa comunidade educativa local, e en xeral, con todos os vigueses e viguesas aos que se invita a participar en múltiples actividades extraordinarias: unha das celebracións é internacional, en primavera, o 18 de maio: Día dos Museos; e a outra, local, cara ao inverno, o 12 de decembro: día do Marqués.
En ambas as datas non se fai convocatoria aberta, como nas actividades xerais, senón que o Museo se dirixe cada ano a colexios concretos da cidade.
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos. Adoita ser unha xornada de portas abertas e tamén se realizan actividades de acordo ao lema que cada ano elixe o ICOM (Consello Internacional dos Museos)
DÍA DO MARQUÉS
O 12 de decembro de 1924, o Marqués de Alcedo asinou en París a doazón do pazo de Castrelos ao pobo de Vigo. O museo toma esta data como ecusa para convocar, nas datas previas ao nadal, a centros escolares da cidade para participaren en diversas actividades de dinamización, fundamentalmente talleres nos que coñecen como o pazo chegou ao pobo de Vigo e se transformou no museo actual.
Celebráronse xa tres edicións deste evento, nos anos 2002, 2003 e 2004.
|