Actividades educativas
|
imprimir
|
| Día Internacional dos Museos 2004 |
Actividade
DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS, 2004. “O PATRIMONIO INTANXIBLE”
Calendario
18 de maio - 22 de maio de 2004.
Participantes
Escolares de 1º, 2º e 3º de primaria (10’00 h - 11’30 h / 11’30 h - 13’00 h )
Comunidade en xeral (17.00 – 20.00 h)
Actividades para escolares
A cara oculta do museo. Visita guiada polos almacéns, oficinas, talleres, restauración, etc... do museo presentándolles os propios traballadores o seu traballo cotián.
Un pazo galego. Que é un pazo? Quen vivía nel? Como se vivía entón?.
De maiores a cativos. Persoas maiores do barrio de Beade (Vigo) explicaranlle aos nenos e nenas contos, ditos, refráns e historias reais e inventadas da súa infancia e mocidade.
Taller de xogos populares no exterior.
Programa de actividades para adultos
Visitas para grupos de adultos guiadas por antigos traballadores do pazo e dos seus xardíns, Sr. Rey (antigo guía) e Sr. Rial (antigo xardineiro, fillo e neto de antigos xardineiros do pazo).
Participan: Asociación de veciños Cristo da Victoria; Fogar do Pensionista; Centro Social de Coia; Centro social de Teis.
SÁBADO 22 DE MAIO
GRAN CHOCOLATADA POPULAR Chegou ao coñecemento do museo unha vella tradición do pazo de Castrelos. Os seus marqueses, en determinadas épocas do ano, como o Nadal ou co gallo da primeira comunión dos nenos e nenas da parroquia convidaban á veciñanza a un chocolate.
|