Historia do museo
|
imprimir
|
1924. Aparece a sede |
O pazo dos "Quiñones de León", na parroquia de Castrelos
 | Busto do Marqués de Alcedo á entrada do Museo | O 12 de decembro de 1924, o Marqués de Alcedo doa o pazo de Castrelos ao pobo de Vigo, para a súa transformación en museo de arte rexional. Seis anos antes o marqués “heredárao” do seu fillo, ao finar este sen descendencia, en 1918.
Tal e como parecen demostrar os documentos, o marqués de Alcedo utilizou a doazón para conseguir o título de Grande de España. O alcalde de Vigo, D. Adolfo Gregorio Espino, foi o artífice e promotor do nomeamento, polo rei Alfonso XIII; auxiliado, non obstante, na tarefa, por influentes persoas do goberno.
Polo tanto o concello de Vigo é propietario do pazo dende 1924; pero non vai poder dispoñer inmediatamente del. Vive alí aínda a viúva do fillo do marqués de Alcedo, Dona Mariana de White. Haberá de mercarlle, pois, o usufructo, operación que non remata ata 10 anos despois, en 1934.
|