Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Arte
imprimirimprimir
Cerámica

Prato da Real Fábrica de Sargadelos. 1845-1862.
Prato da Real Fábrica de Sargadelos. 1845-1862.

Sargadelos

Hai unha notable representación da louza que a fábrica Sargadelos, a primeira que utilizou en España técnicas industriais, produciu ao longo do século XIX. Atopamos exemplos das diferentes tipoloxías creadas a partir de modelos ingleses do século XVIII, que amosan unha delicada decoración pintada a man ou estampada. Conforman a colección exemplares da serie "chinoisseries" (producida a mediados do século XIX) entre os que destaca unha vaixela completa do modelo "rosas". Así mesmo pezas das series "vistas reais", "vistas fantásticas" e "campesiñas".

Xarrón de Sèvres. s.XVIII. Porcelana e ouro.
Xarrón de Sèvres. s.XVIII. Porcelana e ouro.

Porcelana

A porcelana europea está representada por talleres franceses de Sevres, París ou Limoges. Tampouco faltan excelentes pezas de Saxonia.

Capítulo á parte merece a porcelana china, con pezas procedentes de diversos centros ceramistas entre os que se conta o de Cantón; e un interesante conxunto de azulexos iranianos do século XVIII.

Cerámica popular galega

No ámbito popular o oficio de oleiros e cacharreiros está ben significado no variado e completo conxunto de pezas procedentes das zonas de produción cerámica artesanal máis coñecidas en Galicia: Buño (terras de Bergantiños), Mondoñedo, Bonxe e Gundivós (na provincia de Lugo), Portomourisco, Niñodaguia, Tioira, Loñoa das Olas, Ramirás e Lobios (en terras ourensás) e Meder, Salvaterra do Miño, Guillarei, O Rosal, Cesantes, Bamio e Catoira (nas terras miñotas e litorais da actual provincia de Pontevedra).

Tamén numeroso é o grupo de cerámica e louza popular de talleres do resto de España e Portugal.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75