Volver a portada castellano
                                   
| | | |  

Conservación
imprimirimprimir
Conservación do edificio

A conservación e mantemento do pazo de Castrelos, e maila súa adaptación plena ó uso museístico, significaron un importante esforzo en traballo e orzamento que se concretou nas seguintes actuacións:

2005

Mellora da iluminación  do espazo para novas oficinas.

Estudo de cargas máximas do pazo (en trámite).

2004

Final da reparación do tellado.

Pintado, reparación e acondicionado completo da sala de exposicións temporais. Con tal obxecto a sala é baldeirada, de modo que a obra que nela se almacenaba reorganízase, depositando a obra máis antiga e de menor tamaño no depósito de arte do museo; mentres a restante, por convenio, deposítase nos almacéns do MARCO. Tamén se reorganizan os faiados do pazo para acoller o mobiliario histórico.

2003

Continuación da reparación do tellado do pazo con substitución de tellas inservibles e aplicación de produtos defoliantes e hidrofugantes.

Pintado da planta segunda, torres e escaleiras secundarias.

2002

Tratamento antixilófagos do pazo e as súas coleccións. O museo e o laboratorio municipal, a través do servizo de desinfección, poñen en marcha un completo proxecto de tratamento antixilófagos que basicamente contempla a eliminación total de couza e térmites, así como o establecemento dunha barreira perimetral ao redor do pazo para impedir o acceso destes últimos.

2001

Baldeirado dos faiados do pazo, onde se amoreaban de xeito inadecuado, determinados cadros; e traslado temporal destes á nova sala de exposicións temporais, máis apropiada canto a condicións de conservación e protección.

Pintado completo da planta baixa e primeira do museo incluíndo o espazo das escaleiras principais.

Modernización do anticuado sistema eléctrico e de iluminación da antiga sala Laxeiro.

Inicio da reforma do tellado da capela do pazo e da parte correspondente á sala Maside, o que evita as filtracións de humidade nestas zonas. Tamén se selan as escaleiras das torres por onde existía filtración de auga.

2000

Ampliación do sistema de seguridade á sala de exposicións temporais do museo e dependencias administrativas. Tamén se produce a renovación de parte da instalación de seguridade antiga existente no pazo conectando todo o sistema a unha central de seguridade activa 24 horas con sistema permanente de acudas.

Remodelación completa dos cuartos de baño.

Reparación dos pisos de parqué do pazo con vernizado e tratamento da madeira.

Eliminación de filtracións de humidade na biblioteca.

Plena ocupación da nova área técnico-administrativa do museo con amoblado completo e sinaléctica adecuada. Entre outras cuestións dótase ao persoal do museo de zona específica para vestiarios.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75