Volver a portada castellano
                                   
 
 
Servizos
imprimirimprimir
Adquisición

ARQUEOLOXÍA

En conformidade coa Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, art. 62, os bens materiais procedentes das actuacións arqueolóxicas autorizadas pola Xunta de Galicia deben ser depositados nos museos que designe a Consellería de Cultura.

O art. 12 do decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na nosa comunidade autónoma, completa o anterior apuntando que a designación do museo farase tendo en conta a súa proximidade ao lugar de achado e as circunstancias que fagan posible a súa adecuada conservación e a súa mellor función cultural e científica.

En virtude, polo tanto, da lexislación vixente o museo municipal recibe anualmente un gran número de depósitos arqueolóxicos, procedentes da súa área de influencia. Entre os de os últimos anos destacan os que proveñen da zona do Areal, e o seu contorno de Hospital, Marqués de Valladares, e Rosalía de Castro.

Total de operacións de depósito arqueolóxico efectuadas no periodo 2000 – 2004: 41.

ARTE

2005

Depósito dunha obra de E. Granell. (En trámite).

Depósito de obras de Eiravella e Carlos Sobrino. (En trámite)

2003

Depósito de varias obras de M. López Garabal e Concha Vázquez.

2000

Compra da obra “Ata os 110 anos” de Camilo Otero.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75