Volver a portada castellano
                                   
| |  

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Vigo. Tradición e fe

Casa das Artes. 21 de abril ao 6 de xuño de 2005

Comisarios da mostra:

Exposición Vigo. Tradición e fe.
Exposición Vigo. Tradición e fe.

Mariel Larriba Leira (Lda. en Historia da Arte. Documentalista e Museóloga ) e Jesús Casás Otero (Ldo. en Teoloxía e Historia da Arte. Director do Museo Diocesano de Tui-Vigo)

Dentro do programa de actividades do presente ano 2005, o Museo Municipal Quiñones de León presenta este novo proxecto expositivo para promover a posta en valor do patrimonio cultural de Vigo; nesta ocasión da arta sacra establecida nas coleccións do propio Museo, do Museo Diocesano de Tui-Vigo, da Igresia de Vigo ou espallado en coleccións particulares.

O museo asume unha vez máis a tarefa de investigar, protexer e difundir o patrimonio cultural municipal.

Exposición Vigo. Tradición e fe.
Exposición Vigo. Tradición e fe.

O proxecto propón achegar á cidadanía estas manifestacións artísticas, a través da súa presencia en procesións, romarías e outras expresións públicas de Fe; salientando a súa orixe antropolóxica, relixiosa e histórica; permitindo unha nova mirada á tradición artística viguesa, sen renunciar á súa revisión dentro do contexto da sociedade contemporánea.

Trátase dunha exposición de gran formato composta por case cen de obxectos de arte sacra (pintura, escultura, ourivaría e ornamentos), fotografías e documentación, relativos ás tradicións relixiosas da cidade de Vigo na súa expresión máis popular.

Reúnense e sistematízanse un conxunto de obras en boa parte descoñecidas e inéditas ou relegadas nos almacéns dos museos, que se amosan á cidadanía por primeira vez.

Exposición Vigo. Tradición e fe.
Exposición Vigo. Tradición e fe.

Co gallo da exposición editouse un catálogo cuxos contidos son:

INTRODUCIÓN: Antonio Hernández Matías. REFLEXIÓN TEOLÓXICA: Jesús Casás Otero: Estética e culto iconográfico; Julio Andión Marán: As manifestacións de relixiosidade no Vigo actual. ANÁLISE ANTROPOLÓXICA: Juan Miguel González Fernández: Procesións e romarías no Vigo dos séculos XVII a XIX; José Fuentes Alen: Procesións e romarías en Vigo no XX; Montserrat Rodríguez Paz: A Confraría e procesión do Cristo da Vitoria; Grato Amor Moreno: Do xacobeo en Vigo. ANÁLISE HISTÓRICO-ARTÍSTICA: Francisco Singul Lorenzo: Escultura e pintura relixiosa nos arciprestados de Vigo; Mariel Larriba Leira: Ourivaría e ornamentos de procesión; Francisco Pablos: A relixiosidade na arte contemporánea viguesa. CATÁLOGO DE OBRAS DESTACADAS

 

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75