Histórico de exposicións
|
imprimir
|
Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Vigo |
Lugar: Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León". Sala de exposicións temporais. Datas: 22 de outubro a 23 de novembro de 2008. Organizan: - Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos.
- Museo municipal de Vigo "Quiñones de León".
Horario: - Martes a sábados de 17.00 - 20.00 h
- Domingos e festivos de 10.00 - 13.30 h
Descrición: Aproveitando a circunstancia do "Primeiro Congreso Internacional de Enxeñeiría Civil e Territorio, Galicia - Norte de Portugal" que se celebrará en Vigo durante o mes de outubro, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia quere recordar o labor que estes profesionais tiveron no desenvolvemento da cidade.
Enxeñeiros eficaces e discretos como Elduayen, ou irrepetibles e visionarios como Eduardo Cabello, foron pezas clave na transformación de Vigo ata convertela no que é hoxe: a cidade máis grande de Galicia. Persoas formadas e meticulosas como Ramiro Pascual ou Manuel de Cominges crearon os primeiros plans de ordenación urbana, os cales marcaron o urbanismo da cidade durante máis de seis décadas. Do proxecto da Nova Poboación aos Plans Xerais do Porto de Manuel Espárrago, pasaron máis de 100 anos. Nese tempo o labor dos enxeñeiros de camiños, canles e portos en Vigo foi intenso. Sobre esas persoas e o seu traballo trata a exposición. - Sala 1ª: José de Elduayen e A Nova Poboación.
- Sala 2ª: Eduardo Cabello e a planificación portuaria
- Sala 3ª: Ramiro Pascual e o abastecemento de Vigo.
- Sala 4ª: Manuel de Cominges e os plans de aliñacións.
- Sala 5ª: Manuel Espárrago, o porto e o desenvolvemento de Vigo
- Sala 6ª: Audiovisual.
|