Volver a portada castellano
                                   
 

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Os Hernández, ourives de Vigo

Hernandez

Entidade organizadora

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León e Departamento de Cultura do Concello de Vigo.

Lugar e datas de celebración

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. Salas de exposición temporal.

Do 28 de xuño ao 30 de novembro de 2006.

Horario da exposición

  • Martes a venres: de 10,00 a 13,30 h (visitas concertadas) / de 17,00 h a 20,00 h
  • Sábado. 17,00 a 20,00 h.
  • Domingos e festivos: de 10,00 a 13,30 h
  • Luns: Pechada.

Comisaria

Mariel Larriba Leira. Técnica de museos e documentalista. Especialista en ourivería.

Contidos

BUSTO FEMININO CON PANO. 1934. Cobre repuxado, dourado e patinado. 58 alt. x 45 anch. x 20 cm. long. HERNÁNDEZ. Colección Irmáns Hernández.
BUSTO FEMININO CON PANO. 1934. Cobre repuxado, dourado e patinado. 58 alt. x 45 anch. x 20 cm. long. HERNÁNDEZ. Colección Irmáns Hernández.

O Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, asumindo de novo a tarefa de investigar, protexer e difundir o patrimonio cultural de Vigo, propón un novo proxecto expositivo reivindicador do valor artístico da producción do obradoiro de ourivería “Hermanos Hernández”. O centenar de obras que conforman a mostra permitirán afondar no movemento de modernidade suscitado pola creatividade destes ourives na evolución artística da cidade, permitindo unha nova ollada á tradición plástica viguesa. Memoria e presente duns artífices que rescátase do esquecemento, como o Excmo. Concello de Vigo fixo este ano ao nomearlles Vigueses Distinguidos.

Os fundadores desta dinastía, Eloy e Osmundo Hernández Calzada establecéronse en Vigo en 1921, atraídos polo extraordinario florecemento da cidade, reflectido nunha intensa actividade cultural e artística á que contribuíron de xeito destacado, o que lles valeu o nomeamento de Fillos Adoptivos en 1927. A continuidade do obradoiro nos nosos días é o resultado da sabedoría e empeño co que conformaron unha tradición artesanal, fortalecida polos fillos de Eloy –Julián e Eloy-, e máis o seu neto Eloy.

DIANA CAZADORA. Entre 1920-1930. Cobre repujado, patinado, dorado y policromado, sobre fondo con esmalte
DIANA CAZADORA. Entre 1920-1930. Cobre repujado, patinado, dorado y policromado, sobre fondo con esmalte "champlevé". 16 alt. x 11.5 cms. anch. Colección Irmáns Hernández.

O enfoque da narración sitúase entre o puramente estético e o didáctico de xeito que, aínda que a mostra esta dominada pola presentación dos obxectos o seu fío conductor descansa na exposición razoada dos contidos. A acción a narrar é a versatilidade, calidade artística e fecundidade da producción do taller dos irmáns Hernández, non dende o relato cronolóxico, senón en base ás técnicas artísticas que desenvolveron; o cal non impide o establecemento de relacións entre os obxectos nos que estean presentes outros aspectos como o cronolóxico, o iconográfico, o estilístico ou o uso/función dos obxectos.

A narración organízase en secuencias, ofrecendo ao visitante as diferentes experiencias estéticas e conceptuais do obradoiro encadradas esencialmente dentro da corrente simbolista do Modernismo e na estética Art Dèco, a través dunha escollida selección de pezas por cada especialidade. A zonificación do discurso narrativo, en liñas xerais, é a seguinte:

SALA 1: Trátase do espacio introductorio da exposición. Senta as bases da súa linguaxe xeral que terá un carácter reivindicador do valor artístico do patrimonio que se exhibe, a través dunha selección de obras premiadas dos artistas que reflicten o seu recoñecemento a nivel nacional e internacional.

A proxección do taller na sociedade, a súa presencia nos más variados ámbitos, reflíctese na diversificación da súa producción con obxecto de chegar a clientelas máis amplas e heteroxéneas, das que podemos ver unha selección.

MATERNIDADE CO NENO EN ALTO. Ca. 1950. Marfil tallado e policromado sobre base de bronce. 21.5 alt. x 5 anch. x 4 cm. long. (figura), 4.5 alt. x 11.6 cms. anch. (base). Colección Irmáns Hernández.
MATERNIDADE CO NENO EN ALTO. Ca. 1950. Marfil tallado e policromado sobre base de bronce. 21.5 alt. x 5 anch. x 4 cm. long. (figura), 4.5 alt. x 11.6 cms. anch. (base). Colección Irmáns Hernández.

SALA 2: Nesta primeira sección farase referencia á formación artística e técnica dos ourives, á cómo mantiveron a vinculación coa tradición histórica adaptándoa á linguaxe das vangardas, así como á continuidade do obradoiro familiar.

SALA 3: A partires desta sección irase afondando nos diversos aspectos que definen a producción artística do obradoiro coa aproximación á obra a través das especialidades artísticas que desenvolveron, de xeito que se poña de manifesto a súa versatilidade, calidade e fecundidade.

Nesta sala exhibirase unha selección de pequenas esculturas e cadros en marfil e acibeche.

SALA 4: Selección de cadros en esmalte.

SALA 5: Selección de esmaltes aplicados a outros soportes.

SALA 6: Selección de escultura de vulto redondo e de xoias.





Relación de obras que se exporán

RETRATO DE NENA. 1935. Prata repuxada, dourada, esmaltada e policromada (cabeza); cobre repuxado, esmaltado
RETRATO DE NENA. 1935. Prata repuxada, dourada, esmaltada e policromada (cabeza); cobre repuxado, esmaltado "champlevé" e dourado (corpo). 38 alt. x 34,5 anch. x 20 cms. long. HERNÁNDEZ. Colección Irmáns Hernández.

Pertencen fundamentalmente á colección particular dos Irmáns Hernández, pero cóntase tamén con obra do taller que forma parte de coleccións particulares como as de: Fundación Celta de Vigo, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Herdeiros de D. Tomás Sobrino Mirambel e Bispado da Diocese de Tui-Vigo.

Agrupámolas segundo as distintas disciplinas artísticas nas que traballou o obradoiro:

Os esmaltes, técnica na que son verdadeiros mestres, están representados en 31 cadros e pratos dos anos 1920 a 70.

A escultura, executada nos más diversos materiais (prata, cobre e bronce, acibeche) e nos mesmos anos, con 21 esculturas de grande e pequeno formato. Cabe salientar as premiadas coa Medalla de Honra na Exposición Internacional de Filadelfia (EEUU) en 1926, na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid de 1932, na Exposición Nacional de Belas Artes de Madrid de 1934, no Concurso Nacional de Artes Decorativas de 1935, no Salón Permanente da Asociación de Artistas da Coruña en 1935 ou na I Exposición Rexional de Arte celebrado no Museo de Castrelos en 1960.

Un conxunto variado de 8 pezas de ourivería o forman copas ornamentais realizadas en materiais raros e preciosos polos años 20 a 40 e encargos eclesiásticos para as igrexas da diocese de Tui-Vigo dos años 30 a 60.

A súa tarefa coma xoieiros poderémola apreciar nunha selección de 22 pezas que amosan as diversas técnicas e materiais empregados polo taller nas xoias entre os anos 30 e 60. Esta especialidade artística ten continuidade na elaboración de medallas, insignias e trofeos cos que se fixeron presentes nas más variadas institucións, empresas e conmemoracións públicas ata a actualidade.

Por último, o que esta no comezo das súas creacións, os debuxos preparatorios que poñen de manifesto a calidade artística do obradoiro reflectida nunha selección de 15 deseños.

Elementos de comunicación co público

PRATO DE
PRATO DE "MULLER ACARICIANDO O CABELO". Entre 1920-1932. Cobre repuxado, patinado, dourado e esmaltado. 34.5 cms. diám. Colección Irmáns Hernández.

Con motivo da exposición editase unha monografía na liña das publicacións das exposicións temporais organizadas polo Museo. Recolle os traballos de: Mariel Larriba Leira, comisaria da mostra; José Carlos Brasas Egido, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Salamanca, estudioso da obra de Osmundo e Eloy Hernández Calzada; Juan Manuel Monterroso Montero, director do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Lalo Vázquez Xil, cronista da cidade e Eloy Hernández Rollán, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, membro máis novo do obradoiro dos Hernández e continuador da tradición artística familiar.

A publicación quere divulgar e valorizar para a nosa cultura a obra destes artistas poñendo de relevo a súa importancia e significación tanto para Vigo como para a Arte.

Editase tamén un folleto/guía de man introductorio e temático das diferentes seccións da exposición que axude á visita, e sirva tamén para publicitala nos ámbitos máis remotos; e material didáctico que inclúe un programa de actividades.

Audioguías

  1. Introdución (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  2. O alcance da obra dos hermanos Hernández (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  3. O traballo no taller (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  4. Marfiles e Acibeches (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  5. Esmaltes (1) (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  6. Esmaltes (2) (Audio MP3: Galego, Castelan, Inglés)
  7. Esculturas e Xoias (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  8. A Dama de Castilla (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  9. Os cadros de esmalte (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  10. A réplica do frontal de Silos (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  11. O movemento Arts & Crafts (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  12. Simbolismo e Art Nouveau (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)
  13. O estilo Art Deco (Audio MP3: Galego, Castelán, Inglés)

Fotos da inauguración

 Logo concello
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75