Histórico de exposicións
|
imprimir
|
| Goya e Camarón: Pintores de Cámara |
DATAS
Do 28 de marzo ao 7 de maio de 2006
SALA
Museo Municipal "Quiñones de León". Salón interior do pazo.
HORARIOS
- Martes, xoves e venres: 10.00 - 13:30 h / 17:00 - 20:00 h
- Mércores: 10:00 - 20:00 h
- Sábados: 17:00 - 20:00 h
- Domingos e festivos: 10:00 - 13:30 h
DESCRICIÓN DA EXPOSICIÓN
O Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” promove a exposición “Goya e Camarón: pintores de cámara” como unha aportación á celebración da Reconquista de Vigo de 1809 a través de fondos artísticos de colección locais.
A exposición está integrada por catro cadros que mostran tres personaxes claves da época napoleónica: Carlos IV, Fernando VII e Pío VII, ao través dos cadros executados polos pintores de Cámara, Francisco de Goya y Lucientes e José Camarón y Meliá
 |
 |
| Bosquexo do Retrato de Carlos IV a cabalo. Francisco de Goya y Lucientes, atrib.Ca. 1800. Óleo sobre lenzo. (Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. Nº inv. 452) |
A Misa de Parida. Francisco de Goya y Lucientes, atrib. Entre 1812 e 1820. Óleo sobre folla de lata. (Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. Nº inv. 456) |
 |
 |
| Fernando VII. José Camarón y Meliá. 1814. Óleo sobre lenzo. (Museo Diocesano de Tui-Vigo) |
Pío VII. José Camarón y Meliá. 1814. Óleo sobre lenzo. Museo Diocesano de Tui-Vigo |
Preténdese que a través dun pequeno número de obras artísticas de fondos artísticos locais, se dispoña dun pretexto para profundizar no coñecemento da nosa historia local e, mesmo, dos principais protagonistas dos acontecementos.
A exposición apóiase con:
- Dúas pantallas táctiles a través das que os visitantes poden interactuar cunha presentación onde se mostran as ideas principais que se pretenden comunicar
- Material didáctico, con propostas ao profesorado para o traballo co alumnado
- Sesións didácticas no lugar da exposición, para escolares de 2º ciclo de primaria e ESO
Ademais das dúas obras de Goya que están permanentemente no Museo Local, tamén se mostran dúas obras do Museo Diocesano de Tui-Vigo.
PEZAS DESTACADAS E CONVIDADAS
Iníciase unha nova liña de traballo.
Nesta exposición temporal prodúcese un “diálogo” entre coleccións e museos: O museo de Castrelos acolle obras de arte “convidadas” para poñelas en relación con pezas da colección municipal e así difundir o patrimonio cultural, neste caso explicando sucesos históricos que tiveron lugar no noso Concello.
A partir desta exposición preténdese repetir a idea de resaltar, cunha montaxe específica e destacada, pezas da nosa colección municipal para profundizar, según o caso, nas obras artísticas, no autor, na época, nas técnicas, nos estilos, etc.
Desta forma contribuirase a un maior coñecemento das nosas coleccións, do patrimonio artístico e da historia local e, á vez, introdúcese algún elemento novedoso para os visitantes máis asiduos.
Xunto con estas mostras produciranse materiais de difusión ou didácticos propios de cada proxecto.
MATERIAL GRÁFICO
Con motivo desta exposición edítase un folleto que aporta información histórica, sobre a época, os seus protagonistas e sobre os pintores Francisco de Goya e José Camarón.
Ver folleto (PDF)
PRESENTACIÓN MULTIMEDIA DAS PANTALLAS TÁCTILES
Información interactiva para a súa visualización no ordenador sen necesidade de estar conectado a Internet. Descargar programa
VISITAS GUIADAS PARA ESCOLARES
Martes, mércores e xoves lectivos; do 30 de marzo ao 27 de abril. Sesións ás 10 h e ás 11,30 h. Duración da sesión: 90 mi. cada sesión.
Destinatarios
Alumnado de 3º ciclo de primaria e ESO. Máximo de 30 alumnos por grupo.
Inscricións de grupos escolares
Inscrición gratuita. No IME (Instituto Municipal de Educación), para reserva de data e hora. Tfno: 986-204912. Fax: 986-207864, email: ime@vigo.org
Actividades e metodoloxía das sesións na exposición
As visitas guiadas para escolares terán dúas partes. Na primeira delas, a monitora explicará brevemente a historia da guerra de independencia e da Reconquista de Vigo, unindo dita explicación coas pinturas expostas e falando tamén brevemente dos pintores de cámara. A segunda parte da visita estará adicada a realización de actividades lúdicas e xogos de repaso tales como teatro, do visto e aprendido. A metodoloxía será en todo momento activa e práctica.
Recursos didácticos
En relación con esta exposición e a Reconquista de Vigo o museo incorporou novos recursos didácticos no apartado de educación. Ver recursos.
Dirección das sesións
Beatriz Cebrián Ramos. Licenciada en Historia, Arte e Xeografía.
FICHA TÉCNICA
Esta exposición é unha producción propia do Museo Municipal "Quiñones de León".
Presidente do Padroado do Pazo-Museo "Quiñones de León": Ignacio López-Chaves Castro. Dirección da exposición e proxecto: Ignacio Oliveira López. Comisariado e organización: Mariel Larriba Leira. Textos: Jesús Casás Otero, Beatriz Cebrián Ramos e Mariel Larriba Leira.
Producción e montaxe da exposición: Ática Servicios Culturales. Material didáctico e actividades: Beatriz Cebrián Ramos. Seguros: Aon Gil y Carvajal. Material de difusión: Canal Uno.
Patrocinado pola Concellería de Cultura do Concello de Vigo.

|