Volver a portada castellano
                                   
 

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Para o deus Berobreo


Aras do santuario de Donón no museo municipal de Vigo

Aras do santuario de Donón no museo municipal de Vigo


DATAS

7 de xullo – 27 de novembro de 2005

SALA

Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”.  Sala de exposicións temporais.      

HORARIOS

  • Luns, pechado.
  • Martes-xoves e venres, de 10.00 – 13.30 e de 17.00 – 20.00
  • Mércores, de 10.00 – 20.00
  • Sábados de 17.00 – 20.00
  • Domingos e festivos de 10.00 – 13.30

DESCRICIÓN DA EXPOSICIÓN

Obxecto

O Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” presenta esta exposición de arqueoloxía sobre a súa colección de aras procedentes do santuario galaico-romano do Facho de Donón.

Estas aras constitúen a primeira evidencia da existencia deste importante santuario de características únicas na Hispania romana. Nun ámbito máis xeral o museo desenvolve esta exposición como unha medida de revalorización, divulgación e documentación da súa colección de arqueoloxía.

Estructura

A mostra está dividida en catro bloques principais:

1. O descubrimento e a historia da investigación do santuario

Relatos de cómo foron encontradas as primeiras aras; a segunda descuberta; e os traballos actuais.

Ilústrase este bloque con materiais gráficos, documentais, e arqueolóxicos.

A través das publicacións, faise un percorrido pola transcendencia que este achado tivo tanto nos medios científicos como nos de comunicación xeral.

Transporte das aras no carro de Serafín Costas.
Transporte das aras no carro de Serafín Costas.

2. As aras no museo, do depósito á restauración

Preséntase unha visión inédita dos materiais restaurados, xunto con material gráfico que explica cómo se realizou o seu depósito no museo, a súa exposición e o proceso de restauración actual.

3. ¿Quen facía as ofrendas?

Obxectos procedentes de xacementos arqueolóxicos de Vigo, que mostran aspectos da vida e a morte das xentes que viviron no momento no que o santuario estaba en actividade. Obxectos de luxo procedentes de zonas afastadas que reflicten o elevado nivel económico da poboación.

4. O santuario

Procedentes das escavacións do santuario móstranse algunhas das aras recuperadas, así como unha representación das ofrendas que os crentes fixeron á divindade á que se rendeu culto: Berobreo.

5. Audiovisuais:

Enrique Massó con aras.
Enrique Massó con aras.

“O santuario en tres conversas”

Audiovisual de producción propia no que se recollen as testemuñas dos protagonistas dos tres momentos máis importantes da investigación do santuario.

“A  investigación continúa”

Reportaxes emitidos por TVE nos espacios autonómicos e nacionais sobre os recentes traballos realizados no xacemento.

MATERIAL GRÁFICO

Catálogo

Serafín Costas con ara.
Serafín Costas con ara.

144 páxs. A toda cor. 1000 exemplares. Galego e castelán. Á venda no museo a un prezo de 10 euros.

Tríptico informativo

A toda cor. 5000 exemplares. Galego e castelán. Textos informativos. Distribución gratuíta.

VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN E AO XACEMENTO

EXPOSICIÓN

Todos os sábados impares do período da exposición. Entre as 17.00 e 20.00 horas. Son gratuitas e basta con presentarse na propia sala e solicitarlla ao monitor.

XACEMENTO DE DONÓN (Cangas)

Previa inscrición e pago de 3 € (2€ prezo reducido para visitantes da exposición). Todos os sábados pares da exposición. Saída do porto de Cangas do Morrazo as 10.30 horas e retorno ás 14.30 aproximadamente.

BILLETE DE ENTRADA

Prezo do billete:  a visita ten un custe de 3 €, como prezo xeral. 2 €, coa presentación da entrada ao museo municipal de Vigo “Quiñones de León”
Lugares de adquisición dos billetes:
Museo municipal de Vigo “Quiñones de León”, Parque de Castrelos, s/n.
Oficina de Turismo do porto de Cangas de Morrazo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

É requisito imprescindible a presentación da solicitude de inscrición no Museo Municipal con tres días de antelación respecto da data para a que se solicita a visita. Unha vez confirmada a inscrición por parte da organización, poderán adquirir o billete nos puntos de venda.
A solicitude pode presentarse:

  • Na recepción do Museo Municipal: parque de Castrelos s/n
  • No seu correo electrónico: museocastrelos@vigo.org
  • No seu fax: 986 23 93 72
  • Ou na oficina de turismo do porto de Cangas do Morrazo

Impreso de solicitude (documento de WORD)

Máis información nos teléfonos 986 295 070- 295 075

PATROCINAN

Exposición patrocinada pola Fundación Caixa Galicia e o Concello de Vigo - Concellería de Cultura. Colabora o Concello de Cangas do Morrazo.

Logo concello      Logo caixagalicia
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75