Volver a portada castellano
                                   
 

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Miniaturas e bandeiras da Guerra da Independencia

TÍTULO  

“Miniaturas e bandeiras da Guerra da Independencia española”

PROMOTOR 

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León-Concellería de Cultura (Concello de Vigo)

LUGAR 

Museo. Pazo.

INAUGURACIÓN 

28 de marzo de 2005

CLAUSURA 

5 de xuño de 2005

DESCRICIÓN

Esta exposición componse das seccións:

a) Miniaturas militares da Guerra da Independencia española.

Miniaturas e bandeiras da Guerra da Independencia
Miniaturas e bandeiras da Guerra da Independencia

Composta por máis de 1500 miniaturas, pintadas a man, en diversas escalas; dioramas con escenas da Guerra da Independencia; maquetas de buques participantes; etc.... Son pezas que proveñen de coleccións particulares de Galicia e do resto de España.

De grande interese tanto para o coleccionista como para o coñecemento xeral da historia española contemporánea grazas ao gran poder evocador das miniaturas rigorosamente confeccionadas tras procesos de investigación histórica.

b) Bandeiras históricas da Reconquista. Restauración.

Durante o ano 2004 e primeiro trimestre do 2005, abordouse a complexa restauración das dúas bandeiras da Reconquista de Vigo que o museo municipal custodia dende  a súa inauguración en 1937.

O estado de conservación das bandeiras era moi delicado por mor, tanto da súa constitución matérica, a seda, como da súa peripecia histórica. Confeccionáronse en plena Guerra de Independencia para os dous batallóns de alarmas de Galicia, os números 1 e 2 do Val do Fragoso. Finalizada a contenda foron entregadas ao concello de Vigo coa condición de que acompañaran ao Cristo da Victoria na procesión anual do primeiro domingo de agosto. O paso do tempo, os desfiles procesionais e a carencia de espazo adecuado, incidiron tan negativamente nos estandartes que, cara a 1900, acordouse a súa restauración urxente e a súa instalación nunha vitrina na Colexiata, xunto ao Cristo. Nove anos despois determinouse que non volveran participar en procesións. En 1923 pasaron novamente ao concello e en 1937, como se dixo, ao museo municipal acabado de inaugurar.

Os traballos de restauración foron acometidos pola empresa especializada CROA CONSULTORES, con dilatada experiencia en recuperación de textís históricos especialmente para o Museo Español do Exército, Lázaro Galdiano, Catedral de Toledo, etc. As bandeiras foron recuperadas basicamente mediante a súa limpeza, hidratación e aliñamento dos tecidos, incorporando en cada unha delas un tule especial e un soporte de consolidación, de cor afín á que os panos presentan na actualidade. Tamén se eliminaron varios elementos procedentes de intervencións anteriores, entre os que figuran os soportes, os zurcidos e os cordóns que bordeaban as aspas.

MATERIAL GRÁFICO 

Despregable

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75