Volver a portada castellano
                                   
 

Programa de divulgación 2010
imprimirimprimir
Un programa para todos e todas

Ven, achégate á túa historia...

O Museo da Cidade contén coleccións artísticas de primeira calidade como a de arte galega do século XX ou a de pintura europea do Legado de Policarpo Sanz. O Pazo e os xardíns, a colección de obxectos históricos de Vigo, permitirán achegarte á historia da cidade. Se che interesan tempos máis remotos non te perdas a sala de arqueoloxía, no pazo; ou os xacementos da "Villa de Toralla" e "O Castro de Vigo".

Tes as portas abertas...

O Museo da Cidade quere achegar a historia e o patrimonio de Vigo aos vigueses e viguesas; e tamén aos nosos veciños e convidados. Con este programa de divulgación queremos que todos e todas teñan a oportunidade de gozar dos espazos e coleccións do museo.

En difinitiva, queremos un museo aberto e sen barreiras, no que o público sexa o auténtico protagonista.

Queres saber máis?

Cando visites o museo non dubides en preguntar. Axudarémoste a clarexar as dúbidas que te xurdan e darémische a información que necesites.

Se queres visitalo pola túa conta o museo dispón de material para facer unha visita autoguiada.
Se queres saber máis, fai a visita acompañado dun guía experto. Se vés en grupo lembra facer unha reserva previa.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75