Volver a portada castellano
                                   
 

Programa de divulgación 2010
imprimirimprimir
Un programa para familias

Imos ao museo?

Un museo é tamén un lugar no que gozar e aprender en familia. O Museo da Cidade fai para elas un programa de actividades a través das cales poder descubrir, coñecer e valorar o importante patrimonio cultural da cidade de Vigo.

Coñeces a Landriña?

Sabes que Landriña é a máis experta guía do museo? Leva moitos, moitos anos entre o xardín e o pazo de Castrelos; e ninguén mellor que ela para guiarte polo museo.

Landriña ten moito que contar e quere que a acompañes para gozar dos tesouros que ten Vigo.

Non o poder perder...

Proba a facer un itinerario con Landriña polo pazo, hai moitas sorpresas que farán da visita toda unha aventura de descubrimento.

Non esquezas visitar o xardín; e achegarte, con Landriña, aos nosos xacementos arqueolóxicos.

Cando quedamos?

As visitas para familias inclúen obradoiros e teñen lugar as fins de semana. Podes vir ao pazo os domingos pola mañá, onde serás ven recibido por Landriña. Se te decides pola arqueoloxía, podes visitar a sala de arqueoloxía do pazo ou os xacementos, aprende de xeito divertido nos obradoiros.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75