Programa de divulgación 2010
|
imprimir
|
| Un programa para escolares |
Outro xeito de aprender... No Museo da Cidade a aprendizaxe entra en xogo, porque nós pensamos que o mellor xeito de educar é facelo divertíndose e participando. O noso obxectivo é lograr que a experiencia no museo sexa un entretemento educativo; memorable e repetible. Temos moito que contar... Pero vas a ser ti quen o conte. Todo está ante os teus ollos e queremos axudarte a aprender a mirar, a aprender a aprender. Por iso, nas visitas guiadas, os escolares son os protagonistas. Este é o teu museo...elixe a túa actividade! Queremos que o sintas como tal e participes das actividaeds que che propoñemos. As actividades están adaptadas a cada nivel educativo, desde a educación infantil á educación secundaria. Escolle o día e a actividade que queres realizar e fai a túa reserva no Servizo de Atención ao Visitante. Todas as actividades son gratuítas. Visitas guiadas ao pazo, xardín histórico e xacementos arqueolóxicos. - Obradoiros de arte e arqueoloxía.
- Actividades para antes e despois da visita.
|