MÚSICA
2005
Ciclo de Bandas (Atrio. Xullo, agosto e setembro. En colaboración coa Concellería de Animación Sociocultural e Festas)
2004
Ciclo de Corais (Pazo. Xullo e agosto. En colaboración coa Concellería de Animación e Festas)
2003
Ciclo de Bandas (Adro. Xuño a agosto. En colaboración coa Concellería de Animación e Festas)
Ciclo de Corais (Pazo. 4-8 de agosto. En colaboración coa Concellería de Animación e Festas)
2000
Ciclo ARE MORE (Salón nobre. 3 – 28 de novembro. En colaboración coa Concellería de Cultura)
TEATRO
2004
Contos ao carón do lume. Javier Veiga (Pazo. 9 – 11 de decembro. En colaboración coa Concellería de Cultura)
2002
Ciclo Vigo a escena (Pazo. 22 – 5 de abril. En colaboración coa Concellería de Animación e Festas)
PROGRAMAS DE ACHEGAMENTO
Baixo este nome denomínanse os programas de achegamento ao museo e ás súas coleccións que, en colaboración coas concellerías de cultura e benestar social, inciden en determinados colectivos como a terceira idade ou os turistas. Consisten basicamente nunha oferta de visitas guiadas polo pazo e os seus xardíns de mans dun/ha guía especializado que presenta a historia da institución de forma amena e relaxada.
O pasado ano púxose en marcha a primeira experiencia e en 2005 repítese para o período 1 de xuño – 19 de setembro.
O programa “O museo da terceira idade” vai dirixido especificamente aos anciáns e anciás. Desenvolveuse entre o 16 de novembro e o 17 de decembro de 2004. En 2005 comenzou a principios do mes de marzo e durará ata finais de xuño.
|