Volver a portada castellano
                                   
 
 
Actividades educativas
imprimirimprimir
Día Internacional dos Museos 2003

Actividade

DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2003. “OS MUSEOS E OS AMIGOS”

Calendario

Luns 19 de maio de 2003.

        9.30 – 13.30: Comunidade escolar.

        17.00 – 20.00: Portas abertas para a comunidade en xeral.                       

Participantes

Escolares de Vigo e comarca, con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos

Colexios participantes: Canicouba; Carmelitas; Pombal; Balaídos; Alba, San Fernando

Descrición

As actividades están relacionadas co lema que propón o ICOM, “Os amigos e os museos”. A través dunha parodia de programa de tv-concurso, os e as escolares averiguarán quen é e quen non é amigo dun museo divulgando especialmente quen foron “amigos ilustres” do museo municipal (Marqués de Alcedo, Policarpo Sanz e esposa, Antonio Palacios, Alcalde Gregorio Espino,etc.).

Respecto dos inimigos dos museos, os nenos descubrirán que son as guerras (co caso recente dos museos de Bagdad); os axentes ambientais nocivos para as obras de arte (humidade, couce, fungos...) e a xente desaprehensiva como malos visitantes, ladróns e redes de tráfico ilegal de arte, o vandalismo, os espoliadores, etc.
 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75