Volver a portada castellano
                                   
| |  

Historia da cidade
imprimirimprimir
Cultura Castrexa

(S. VII a. C. - I d. C.)

Durante a idade do ferro (Protohistoria), as novidades incorporadas na etapa final da idade do bronce posibilitarán que as comunidades do noroeste peninsular se asenten de forma estable en poboados que reciben o nome de castros. Neles configúrase unha cultura propia denominada Cultura castrexa (600 a. C. ao século I d. C.).

Os castros están formados por un conxunto de vivendas circulares emprazadas en lugares de fácil defensa e individualizados na paisaxe con parapetos, foxos e murallas. No seu contorno desenvólvense as actividades para a procura de alimentos (agricultura, gandería, pesca, caza e recolección) e no seu interior, as actividades artesanais (metalurxia, tecido ou elaboración de cerámica).

Consérvase no museo un amplo repertorio de obxectos pertencentes a todas as fases da cultura castrexa procedentes dun gran número de asentamentos  que documentan os diferentes aspectos da vida cotiá dos seus poboadores. Algúns destes obxectos presentan singularidades que os converten en referentes tipolóxicos ou documentais da súa tipoloxía.

 

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75