Información
|
imprimir
|
| Servizos ao visitante |
TENDA-LIBRARÍA
Na recepción do museo poden adquirirse produtos e publicacións do museo municipal e da concellería de cultura do concello de Vigo.
ACCESIBILIDADE INTERIOR
Existen ramplas e ascensores que facilitan a visita do museo a persoas con mobilidade reducida. O uso do ascensor debe solicitarse na recepción do museo.
VISITAS GUIADAS
O museo ofrece, por temporadas, visitas guiadas ao pazo, aos xardíns e ás súas exposicións temporais. Consultar disponibilidade en cada momento na recepción do museo.
SALA DE DESCANSO
Bebidas, frías e quentes, sen alcol.
CONSIGNAS
Existen consignas gratuítas para depósito temporal de obxectos. Funcionan con moedas de 1 € retornables. Según disponibilidade, a recepción do museo pode acoller obxectos de tamaño grande. O museo non se fai responsable dos obxectos depositados.
SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS
Existe un libro de suxestións a disposición dos visitantes. As reclamacións poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo nos seus horarios habituais.
OUTROS SERVIZOS
Servizos relacionados co museo pero non dependentes del:
- ACTOS OFICIAIS E VODAS CIVÍS
O museo acolle a celebración de vodas civís e actos oficiais do Concello de Vigo, debido aos cales, o museo, ou determinadas salas, poden pechar temporalmente. Consulta os peches con antelación nesta páxina. Para coñecer as condicións de uso do espazo, contactar co departamento de Relacións Públicas do Concello de Vigo.
A xestión deste espazo corresponde ao servizo de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo. Condicións de acceso: non están permitidos cans, bicicletas e pelotas. Si está permitida a realización de reportaxes fotográficas para uso privado e sen ánimo de lucro. No resto dos casos debe solicitarse autorización ao mencionado servizo.
|