Histórico de exposicións
|
imprimir
|
| Xohan Ledo, as caras do libro |
Entidade organizadora
Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”. Consellería de Cultura e Deporte. Editorial Galaxia.
Lugar e datas de celebración
Sala de exposicións temporais do Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”. Do 20 de novembro de 2007 ao 20 de xaneiro.
Horario
- Martes a sábados: 17.00 - 20.00 h.
- Domingos e festivos: 10.00 - 13.30 h.
Contidos
A exposición presenta a figura dun artista orixinal, e sen embargo, moi pouco coñecido, mais cunha enorme transcendencia no rexurdimento do libro galego despois da guerra civil así como do proxecto cultural do galeguismo nese periodo.
Ricardo Garcia Suarez, coñecido como Xohan Ledo, desenvolveu durante a sua vida unah faceta importante de creador plástico: debuxante, gravador, deseñador, ilustrador, ademais de ensaista e escritor en lingua galega, marcando a edición en lingua galega entre os anos 50 e 80.
A mostra, configurada en tres espazos, pretende mergullar o espectador na figura do artista a través da súa biografia, o seu traballo artístico editorial e a súa obra pictórica.
|