Volver a portada castellano
                                   
| |  

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Os traballos artesanais no castro de Viladonga

Do 30 de marzo ao 30 de abril estará instalada na sala de exposicións temporais do Museo  Municipal de Vigo “Quiñones de León” a exposición itinerante “Os traballos artesanais no castro de Viladonga”. Nesta oferta cultural preséntase unha selección dos oficios e modos de produción presentes na época galaico-romana neste destacado castro lucense, rastrexables a través das pegadas arqueolóxicas atopadas nas diferentes campañas de escavación. Poderá constatarse ademais, a permanencia de moitas destas tecnoloxías na cultura tradicional contemporánea galega.

A exposición, propiedade do Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, está xestionada polo Programa Municipal de Divulgación e Interpretación do Patrimonio Arqueolóxico dependente de Concellería de Patrimonio Histórico de Vigo e é a primeira actividade dunha serie de colaboracións, deseñadas por este Programa Municipal, co Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”no eido da divulgación e posta en valor do noso legado arqueolóxico. 

Máis información

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75