Volver a portada galego
                                   
| |  

Histórico de exposiciones
imprimirimprimir
Obras de la colección de Arte Galega del siglo XX del Museo Municipal de Vigo Quiñones de León

Entidade organizadora

Museo Municipal de Vigo Quiñones de León.

Lugar e datas de celebración

Casa das Artes. Inauguración: 28 de decembro de 2006; 19,30 h

Contidos

A exposición “Obras da colección de ARTE GALEGA DO SÉCULO XX do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León” ten como obxecto mostrar ao público con carácter permanente unha magnífica selección de obras das coleccións de belas artes do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León.

Nº inv. 2074: O Porto. José Carlos Morquecho Barral. 1989. Óleo sobre lenzo. 195 alt. x 130 cm anch.
Nº inv. 2074: O Porto. José Carlos Morquecho Barral. 1989. Óleo sobre lenzo. 195 alt. x 130 cm anch.

Ás coleccións fundacionais incorporáronse paulatinamente novas obras, destacando as adquisicións que o Concello de Vigo realizou nas últimas décadas da vida do Museo. Actualmente posúe un dos mellores fondos de arte galega do século XX que existen en Galicia, de obrigada consulta e referencia; só compre lembrar as constantes peticións de préstamos que se fan para exposicións temporais promovidas por prestixiosas entidades da arte.

O proxecto expositivo foi desenvolvido polos membros do Padroado do Pazo-Museo, D. Antonio Quesada, D. Francisco Pablos e D. Bernardo Vázquez Gil e presenta un conxunto de 146 obras entre pinturas, esculturas, debuxos e obra gráfica, da autoría de 81 grandes artistas do século XX.

A exposición enmárcase na serie de exposicións científicas e divulgativas que dende o año 2004 o Museo ven organizando para dar a coñecer na súa totalidade a riqueza das coleccións de arte contemporánea galega que custodia. Esta nova exposición terá, sen dúbida, un efecto catalizador sobre o funcionamento do museo e o seu discurso e completa a exhibición dos fondos, potenciando sinerxías entre espazos culturais: o Museo en Castrelos e a Casa das Artes no centro da cidade.

Nº inv. 281: Paisaxe. Antonio Quesada Porto. 3º ¼ Século XX. Óleo sobre lenzo. 113 alt. x 145 cm anch.
Nº inv. 281: Paisaxe. Antonio Quesada Porto. 3º ¼ Século XX. Óleo sobre lenzo. 113 alt. x 145 cm anch.

A exhibición das obras é, sen dúbida, o mellor instrumento para comunicar esta riqueza patrimonial, que singulariza ao Museo Quiñones de León no panorama museístico nacional.

No mostra pódense apreciar auténticas pezas mestras, que representan as tendencias, os grupos e os nomes principais da arte galega do século XX. Nesta selección, realmente espléndida, están incluídos os máis importantes creadores: Acisclo Manzano, Antón Abreu, Antonio Quesada, Antonio Tenreiro, Ánxel Huete, Arturo Souto, Barreiro, Buciños, Castelao, Cristino Mallo, Elena Colmeiro, Federico Ribas Montenegro, Francisco Lagares, Laxeiro, Leopoldo Novoa, Lodeiro, Luis Torras, Francisco Leiro, Francisco Lloréns, Isaac Díaz Pardo, José Frau, Manuel Prego, María Antonia Dans, Mercedes Ruibal, Miguel Pereira, Morquecho, Santiago Montes, Silverio Rivas, Solveira, Sucasas, Tino Grandío, Vidal Souto Virxilio e Xaime Quessada... entre outros.

Nº inv. 1077: Retrato de Manolo. Acisclo Manzano Freire. 2º ¼ Século XX. Madeira. 52 alt. x 23 cm anch
Nº inv. 1077: Retrato de Manolo. Acisclo Manzano Freire. 2º ¼ Século XX. Madeira. 52 alt. x 23 cm anch

Con este proxecto ponse en valor ante a comunidade as importantísimas obras pictóricas e escultóricas almacenadas. O percorrido visual que se propón coa visita permite unha ampla perspectiva da historia da arte contemporánea a partir da producción dos artistas que foron determinantes na súa construcción, e acrecenta o coñecemento sobre ela ao ofrecer unha nova oportunidade para o deleite e a reflexión sobre as diversas experiencias estéticas, individuais e colectivas, que se amosan.

Nesta ocasión a Casa das Artes, como equipamento significativo da infraestructura cultural municipal, enriquece a súa oferta coa mostra, desexada e esperada dende fai tempo, deste conxunto de obras. O seu emprazamento na Casa das Artes ven a solucionar a escaseza de espacio para a exhibición completa da colección no propio Museo, proporcionando novos ámbitos para a exposición permanente das obras, que se rescatan dos almacéns de reserva nos que se atopaban dende ai anos, e o seu achegamento á cidadanía para o seu coñecemento e deleite.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75