Volver a portada castellano
                                   
 

Histórico de exposicións
imprimirimprimir
Alex Vázquez-Palacios. A camelia nos xardíns das rías baixas

Entidade organizadora

Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” e Deputación de Pontevedra Turismo Rías Baixas

Lugar e datas de celebración

Sala de exposicións temporais do Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León”. Do 18 de setembro ao 21 de outubro de 2007.

Horario

  • Martes a sábado:  17.00 - 20.00 h
  • Domingos e festivos: 10.00 - 13.30 h

Contidos

O museo municipal de Vigo "Quiñones de León" presenta, en colaboración coa Deputación de Pontevedra-Turismo Rías Baixas, unha exposición adicada á flor da camelia, nos xardíns das rías baixas, a través da visión do pintor vigués Alex Vázquez-Palacios.

Entre os lugares representados destaca especialmente o Pazo Quiñones de León, en cuxo xardín existen grandes camelias como a "Camelia Matusalén", exemplar de xapónica dos máis antigos de Galicia.

ALEX VÁZQUEZ (Vigo, 1946)

Procede dunha familia de creadores galegos que, sen duda, influíron na súa vocación e traxectoria.
Fundamentalmente paisaxista, Alex Vázquez é  capaz de facer motivo plástico de calquera nadería, do secundario e habitualmente inadvertido, cunha pintura de execución equilibrada, nunca insistida, de maneira que a anécdota, como quería o mestre d'Ors, elévase á categoría de Arte.

Pintor de sentimento, de evocacións e nostalxias, de imaxinacións viscontianas, a cabalo entre un barroco intemporal e un novecentismo inexacto, deliberadamente inexacto, para que o motivo e a interpretación se identifiquen sen asoballar. Un pintor sen vangardas, convencido de que forma, luz e ambiente, son tamén e con grande verdade, a verdadeira pintura.

Conta no seu haber con máis dun centear de exposicións realizadas en cidades de España e de varios países europeos (Portugal, Alemaña, Bélxica).

É importante a súa faceta de ilustrador, porque é un debuxante exquisito, de grafismo primoroso, capaz de sintetizar a arquitectura monumental ou calquera obxecto nos trazos xustos. Deseñou e ilustrou publicacións para autores de tanto prestixio como Francisco Fernández del Riego, Carlos Casares, Darío Xohan Cabana, Paco Fernández Naval, Xavier Alcalá, etc.

 
Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" - Parque de Castrelos s/n - 36213 Vigo - Tel.: 986295070/75